Home Page Image

 

 

 



Mensaxe de benvida

 

En nome da Asociación REMADOIRA, douche a máis cordial bienvenida á nosa páxina web, na que incluímos información sobre as actividades da nosa Asociación.

Esta páxina quere ser tamén testemuño do traballo realizado por este grupo de amantes do mar e da nosa tradición, desde as orixes da Asociación ata a actualidade.

O obxectivo desta canle de comunicación non se circunscribe soamente a unha viaxe histórica ou a unha instantánea da situación da Asociación na actualidade. Esta páxina web quere plasmar os valores que sustentan a REMADOIRA: o compromiso co patrimonio cultural mariñeiro, a divulgación da cultura mariñeira de outrora e a homenaxe a todos os que, desinteresadamente, ocupan o seu tempo libre e esforzo en manter vivas as tradicionais formas de navegación. A vontade de servizo ten unha presenza destacada nesta páxina web, do mesmo xeito que nas nosas decisións.

Esta páxina está á túa disposición. Espero que che permita acceder de xeito rápido e eficiente á información que precises. Non dubides en poñerche en contacto connosco para solicitar calquera información ou expresar as túas opinións.

Só me resta desexarche unha feliz navegación.

Un cordial saúdo.